CulturaCulturaEducaciónEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A XXIII Convivencia de Educación Infantil “Cholo e Nela” reúne a unhas mil persoas no Barco

Esta cita educativa, cultural e lúdica desenvólvese dende esta mañá en dous espazos: o CEIP Julio Gurriarán e o pavillón de Calabagueiros

 

A partir das once da mañá multitude de escolares chegados de diferentes puntos do oriente do oriente ourensán e tamén do Bierzo, acompañados por profesores, mais e pais, comezaban a chegar ao CEIP Julio Gurriarán do Barco para participar nunha cita especialmente agardada: a XXIII Convivencia de Educación e Infantil “Cholo e Nela, Camiños de ida e volta”. Unha cita que aposta pola promoción dos valores culturais e patrimoniais do Camiño de Santiago, da lingua galega, as lendas, a diversidade, as habilidades sociais, as emocións….  , e por suposto, a música e a diversión.

 

 

 

O programa comezaba coa recepción de Cholo e Nela no patio do CEIP Julio Gurriarán, mentres Nacho Hermida, Carlos Rodríguez e Miguel Ángel Vázquez interpretaban “Bo Camiño”, un dos temas do novo disco de Cholo e Nela, que ten o mesmo título que a convivencia.

 

 

A partir de aí, os 700 nenos e nenas asistentes a esta edición organizábanse por grupos e en dúas zonas. Os de infantil, uns 400, comezaban as rotacións e as visitas á zona de exhibicións das Forzas e Corpos de Seguridade (Garda Civil e Policía Local) e dos equipos de emerxencias (GES Valdeorras, bombeiros, Protección Civil do Barco e 061-Urxencias Sanitarias) no mesmo colexio Julio Gurriarán. Ademais podía asistirse a unha demostración canina por parte do servizo cinolóxico da Garda Civil.

 

 

Por outra banda, os nenos de primaria (uns 300) dirixíanse ao cercano pavillón de Calabagueiros, para comezar tamén as rotacións polos diferentes obradoiros e zonas de actividades. A partir das 14h. está previsto o xantar e ás 15h. terá lugar a actuación do grupo de Cholo e Nela, que interpretará cancións do seu novo disco.

 

 

Nesta edición participan os colexios Julio Gurriarán, Condesa de Fenosa e Otero Pedrayo do Barco, o Virxe do Camiño de Rubiá, o CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo, o CEIP Casaio (Carballeda de Valdeorras), os colexios Manuel Respino e Pablo VI-Fátima da Rúa, o CEIP O Bolo, o CEIP Vilariño de Conso, o CEIP Manzaneda, o CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives e o de Cubillos del Sil.

 

 

Fotos e vídeos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button