
O ano pasado non houbo. Os problemas coa auga, xusto despois dos lumes, levaba ao Concello da Rúa a suspender o magosto que este ano, se nada o impide, chegará á XXX edición o sábado 31 de outubro a partir das 20 horas, coma sempre na Estación de Autobuses.
O custo da entrada mantense nos 5 euros dando opción a degustar bullotes asados, bolos preñados, empanada, bica, auga e viño.

Unha semana antes, este sábado 24 de outubro, será a Festa do Magosto na Rúa Vella.