EconomíaEconomíaÚltima hora

A XXXI Mostra do Mel de Quiroga achegará o produto de 5 apicultores o 10 de agosto

Un dos expositores da pasada edición da Mostra do Mel de Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Quiroga vén de presentar o programa da XXXI Mostra do Mel de Quiroga, que se celebrará na mañá do 10 de agosto no marco das Festas do Verán desta vila e coincindo coa feira do ano na vila.

No recinto feiral poderá degustarse e mercarse o mel de 5 apicultores da zona: Manuel Macía González (As Estradas), María Carmen Macía (Quiroga), Rubén Figueroa (Sequeiros), Caurelor (Quiroga) e Ángel Gómez (Paradapiñol).

O programa de actos comezará o 9 de agosto ás 20:30h. co sorteo de postos de venda e entrega de credenciais aos apicultores participantes.

Xa o mércores, 10 de agosto, ás 11h. terá lugar a apertura do recinto feiral, que se instalará na rúa Real e estará animado pola charanga “Louband”.

Artigos relacionados

Back to top button