O Liceo de Ourense acollerá ata o 15 de novembro a XXXVI exposición San Martiño, unha mostra, de carácter non competitivo, organizada pola Sociedad Filatélica, N. e V. Miño, que reúne aos socios da entidade na súa xa tradicional cita anual. Nesta edición, os asistentes poderán desfrutar dunha ampla variedade de coleccións: filatelia nas súas distintas modalidades (tradicional, temática, aberta…), numismática, e outras dedicadas a vitolfilia, loterofilia, cartofilia, notafilia, calendofilia, … entre outras curiosidades que reflicten a riqueza do coleccionismo.

Como é habitual, a exposición dedica o seu tema central a unha parroquia vinculada a San Martín de Tours, patrón de Ourense; que nesta edición corresponde a San Martiño de Beariz (San Amaro).

O acto inaugural tiña lugar na tarde do luns, 9 de novembro, contando coa presenza, entre outros, do deputado Rosendo Fernández, responsable de Representación Institucional da Deputación de Ourense e preside do Inorde. No decurso da gala, os xuvenís da Miño recibían os galardóns obtidos no Campionato de España de Filatelia Temática celebrado na Guarda (Pontevedra), en JUVENEX en Arxentina e Timbres Passion en Francia.

Para a ocasión ponse en circulación selo, cuño, sobre e tarxeta conmemorativos, que se ilustran coas imaxes do Santo, a igrexa e as súas campás sobre o Castro de San Cibrán de Las, un dos principais referentes patrimoniais do municipio de San Amaro. O día da inauguración instalouse unha estafeta temporal de Correos no Liceo.

A XXXVI Exposición Filatélica San Martiño reafirma así o seu papel como “escaparate anual do coleccionismo ourensán, promovendo a difusión cultural e o valor histórico destas manifestacións”.

Fotos: O SIL.