EconomíaEconomíaEntroido 2026Última hora

A XXXVII edición da Festa do Cabrito pon o broche ao Sábado de Entroido en Vilariño de Conso

 

 

Entre os asistentes á XXXVII Festa do Cabrito que se celabraba hoxe en Vilariño de Conso, estaban o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González; o director de Turismo de Galicia, Xosé M.  Merelles; e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte.

Antes tiña lugar o tradicional desfile de fulións e boteiros que se celebra por vez primeira desde que o Entroido desta localidade ourensá, de Manzaneda e de Viana do Bolo se declarasen Festa de Interese Turístico Nacional. De aí que o conselleiro puxese en valor esta celebración “tan pegada ao territorio que”, segundo dixo, “contribúe de xeito decidido a dinamizar o comercio e o tecido socioeconómico da contorna”.

Nese contexto encádrase tamén a presenza do conselleiro esta tarde na Fariñada da praza da Picota de Laza, unha tradición enmarcada no triángulo máxico que conforma este municipio con Verín e Xinzo de Limia, un potente atractivo turístico da provincia.

Fotos: A.R.

Back to top button