DeportesÚltima hora

Aarón Pérez (Adas do Barco), récord galego Sub16 no 60 m en pista cuberta

O atleta Aarón Pérez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os atletas valdeorreses que participaban a pasada semana na XL Copa Deputación de Atletismo en pista cuberta, celebrada en Expourense, estaba Aarón Pérez Giraldo (Club Adas Cupa do Barco) que, ademais de vencer na carreira dos 60 m Sub16 masculina, establecía un récord galego nesta proba cun rexistro de 7.12. Deste xeito, bate a anterior marca que el mesmo establecera, con 7.14 neste mesmo ano 2023.

 

Artigos relacionados

Back to top button