DeportesÚltima hora

Aarón Pérez rozaba o bronce en lonxitude nun nacional Sub16 cunha excelente actuación valdeorresa

Mateo Valcarce quedaba oito nos 3 km marcha, "pulverizando a súa marca persoal" cun rexistro de 13,53"

 

O talento dos atletas valdeorreses quedaba patente no Campionato de España Sub16 que se desenvolvía nesta fin de semana en Lleida. Tras os dous metais conquistados onte, o primeiro da man de Javier Cid (Ourense Atletismo) cun ouro no lanzamento de martelo, e o segundo a prata de Aarón Pérez (Adas Cupa do Barco), este último atleta barquense rozaba outra medalla neste domingo no salto de lonxitude. Cunha marca de 6,38 m, quedábase a 2 cm do bronce, tal e como destaca o seu adestrador, Agustín González “Tinín”.

 

 

Tamén destacada era a actuación de Paula Cela (Adas), que se clasificaba no posto 11 na serie B de 3 km marcha, nunha proba que se celebraba a 37 graos de temperatura, e o oitavo posto de Mateo Valcarce, “pulverizando a súa marca de 14,21 nos 3 km marcha ata chegar aos 13′ 53” “, resalta Tinín.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button