
Abanca e a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) subscribían esta mañá un convenio de colaboración financeira para apoiar as empresas asociadas e ás asociacións integrantes na entidade empresarial. Na firma do acordo, que se realizou na sede da CEO en Ourense, participaron David Martínez, presidente da CEO, e Lino Comesaña, director de Negocio Institucional de Abanca.
Grazas a este convenio, as empresas asociadas poderán acceder a préstamos privados, leasing mobiliario e inmobiliario, pólizas de crédito e avais, así como a desconto comercial, confirming, anticipo de subvencións e financiamento do pago de impostos. Tamén poderán beneficiarse das liñas de financiamento oficial do ICO e das SGR.

O acordo inclúe ademais TPV físico e virtual, con tarifa plana do 0,35% durante os tres primeiros meses; o Programa Servizos ABANCA para autónomos e micropemes; banca electrónica, a solución Appúntame para a xestión de cobranzas periódicas e asesoramento en seguros.
A CEO difundirá o convenio entre as súas empresas e entidades asociadas para que poidan acceder a todos estes servizos en condicións vantaxosas para as súas actividades e negocios.