Andainas-Trails-OrientaciónDeportesEn portadaÚltima horaVídeos

Abel Franco imponse nun duro Campionato Galego de Subida Vertical en Vilamartín

Nesta cita, que tamén tiña unha proba popular, participaban un cento de atletas

 

Vilamartín convertíase esta mañá en escenario da I Carreira Vertical Valdeorras, que era ademais Campionato Xunta de Galicia de Trail Running subida vertical, cun cento de participantes chegados de dferentes puntos de Galicia. As probas iniciábanse ás 10 horas coa saída da vertical sobre 4.200 m. para os atletas absolutos, Sub23 e máster. Xa ás 11 horas era a quenda das saídas dos Sub16, Sub18 e Sub20 sobre 2.100 m. En ambos casos o punto de partida era a Ponte da Nova da Barca de Arnado.

 

 

Na proba dominaba Abel Franco, cun tempo de 0:45:04. Tras el entraba en meta Rubén Insua (Club Atletismo SAR) e, a continuación, Elpidio Gómez. O mellor resultado valdeorrés viña da man de Alejo Ares (Club Adas Cupa do Barco), que era o quinto atleta en cruzar a meta.

 

 

Na Vertical Valdeorras feminina, a ganadora era María Martínez (Altetismo Porriño), cun rexistro de 1:00:16, mentres que en segunda posición situábase Tamara García (CD Biosbardo) e na terceira Rosa María Araújo (Burgas Ourense).

 

 

Na categoría Medio Vertical Valdeorras impoñíase Brais García (Club Atletismo Ribadeo), cun tempo de 00:32:06. O segundo posto correspondíalle a Miguel Ángel Castro (Club Atletismo Serre) e o terceiro a Miguel Ángel Castro (CA Ribadeo). No apartado feminino, as tres primeiras eran Julia Salvado (SD Compostela Atletismo), Lucía Taboada (S.D. Compostela) e Alba Buján (SD Compostela Atletismo).

Fotos e vídeos: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button