EconomíaEconomíaÚltima hora

Aberta a inscrición para asistir á X Festa do Botelo do Barco en Vigo

 

Desde hoxe está aberta a inscrición para participar na X Festa do Botelo do Barco en Vigo que terá lugar o sábado 7 de marzo, coma sempre no Hotel Coia da cidade olívica.

O prezo é de 45 euros por persoa e as inscricións deben facerse chamando ao teléfono 986 201 820, no que tamén se poderá solicitar toda a información necesaria.

O menú desta festa está composto por empanada de maravallas, sopa de cocido; botelo con chourizos, grelos e cachelos; e bica de sobremesa, con vinos da D.O. Valdeorras. A festa rematará con actuación musical.

 

 

Back to top button