En portadaÚltima hora

Aberta ao tráfico a ponte sobre o río Xares, en Barxa (O Bolo)

 

Seis anos despois a ponte sobre o ría Xares, un dos accesos á localidade bolesa de Barxa, volve estar aberta ao tráfico.

Foi unha riada producida en decembro de 2019 a que partía un dos piares da ponte que une O Seixo con Barxa, quedando dende entón cortada ao tráfico polo perigo que supoñía para os vehículos. Dende entón pasou o tempo e ninguén se facía cargo ata que en xaneiro deste 2025 a Confederación Hifrográfica do Miño-Sil (CHMS) sacaba a licitación da reconstrucción da devandita ponte cun presuposto de 474.400,67 euros resultando adxudicataria a empresa VIPECA OBRAS Y SERVICIOS, S.L.

 

 

Segundo a previsión, as obras comezaban no mes de maio. A alternativa seleccionada incluía principalmente tarefas de limpeza e roza, protección ambiental do leito, demolición completa da actual estrutura, escavación de cimentacións, execución da nova estrutura baseada nun ponte pórtico de 17,50 m de luz e 6,50 m de ancho, dividido en 5,50 metros para zona calzada e 0,50 metros en cada un dos dous laterais para a circulación peonil.

A falta dunha inauguración oficial, a finais de outubro, os veciños podían por fin volver facer uso desta infraestrutura.

Fotos cedidas.

Back to top button