Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Abertas as inscricións para a IV Andaina e Trail San Xil Casaio (Carballeda de Valdeorras)

 

Dende a organización da IV Andaina e Trail San Xil de Casaio vén de anunciarse que xa están abertas as inscricións para participar neste evento deportivo, prvisto para o domingo 11 de maio. Terá saída e meta na praza de Casaio.

Nesta edición o apartado de trail contará cun dúas opcións para os corredores: un Trail longo con 34 km (saída ás 08:30 horas) e un Trail curto con 20 km. Ademais o programa da proba inclúe unha andaina longa con 20 km e outra andaina curta con 16 km (saída ás 09:30 horas).

As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición en www.sportmaniac.con ou presencialmente no Barco en Foot On Mars ou en Casaio na cantina de Nati.

As inscricións pecharanse o día 5 de maio cun máximo de 300 participantes, deles 75 limitados para o Trail longo, que subirá este ano ata o Pico Maluro, baixando despois polo Val glaciar das Morteiras onde se atopa a Cidade da Selva , mantendo o trazado de anos anteriores das outras disciplinas.

A proba estará organizada pola CMVMC  da Serra de Casaio e Lardeira e Rutas Xanzá.

Para máis información www.sanxilcasaioandainaetrail.com

Imaxes cedidas.

Back to top button