ConcellosEntroido 2026Última horaVerín

Aberto o prazo de inscrición de carrozas e comparsas para o Entroido de Verín 2026

Desfile o Domingo de Entroido 2025 en Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Verín abre o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano. A data límite para formalizar a participación será o venres 6 de febreiro, ás 18 horas.

A orde de colocación no desfile será determinada pola organización. As comparsas ou carrozas que non se inscriban dentro do prazo establecido e se presenten directamente no desfile serán colocadas ao final do mesmo.

As persoas interesadas en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información Turística de Verín para formalizala. Tamén poderán realizar a inscrición a través do correo electrónico turismo@verin.gal, enviando os seguintes datos:

• Nome e apelidos da persoa representante do grupo:
• Nº de teléfono:
• Nome da carroza ou comparsa:
• Nº de participantes:
• Se levan vehículo ou plataforma móbil (indicar medidas):
• Se levan música:

Tamén se poderá realizar a inscrición a través do teléfono 988 411 614. O horario da Oficina de Turismo é de luns a venres, de 10:30 a 14:30 e de 16 a 18:30 horas.

Os desfiles iniciaranse na avenida de Castela nos seguintes horarios:

• Domingo 15 de febrero: saída ás 12 horas.
• Martes 17 de febrero: saída ás 16:30 horas.

As comparsas ou carrozas que participen no desfile deberán estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída para que a organización poida colocalas na súa posición e garantir o comezo puntual. A concentración será na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

As carrozas que queiran abandonar o percorrido antes de chegar á Praza da Alameda unicamente poderán facelo a través da ponte da N-525, chegando ata a rotonda da Casa do Escudo. Se desexan dar a volta, deberán quedar no carril dereito e agardar a que remate o desfile para continuar cara ao seu destino.

É fundamental deixar sempre un carril libre para os vehículos de servizos de emerxencia durante a espera.

Recomendacións

• Recoméndase evitar paradas prolongadas para que non se produzan grandes distancias entre os grupos participantes. Sigan sempre á comparsa, carroza ou charanga que teñan diante sen deixar moitos metros de separación.
• Os vehículos a motor que non conten co seguro correspondente non estarán cubertos polo seguro do Concello para os desfiles. Neste caso, recoméndase que a carroza ou comparsa contrate o seu propio seguro para o evento.
• Os vehículos que fosen modificados para o desfile ou que sirvan para tirar dun remolque adaptado ao evento deberán levar consigo un extintor.

Back to top button