
Desde a Delegación de Ourense da Federación Galega de Baloncesto informan da apertura do prazo de inscrición para o “Circuíto 3×3 DepOUrense Basket”, unha nova iniciativa promovida pola Deputación de Ourense en colaboración coa FEGABA, integrada no Programa de Fomento Deportivo 2026.
O circuíto percorrerá seis concellos da provincia entre agosto e setembro:
* Muíños – 16 de agosto
* Ribadavia – 21 de agosto
* O Carballiño – 22 de agosto
* Xinzo de Limia – 29 de agosto
* Allariz – 30 de agostola
* O Barco de Valdeorras – 5 de setembro
Os equipos finalistas de cada categoría en cada sede clasificaranse para a gran final, que se disputará o 19 de setembro no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.
As categorías que poden participar son pre minibasket e minibasket, infantil e cadete, júnior e sénior, con posibilidade de equipos masculinos, femininos e mixtos. A competición será de carácter mixto e está aberta a xogadores federado e non federados.
A inscrición pode facerse a través dos formularios web dispoñibles na web da FEGABA en Ourense dende onde animan aos clubs “a facer chegar esta información aos vosos xogadores/as e a participar nesta primeira edición do circuíto, que suma unha nova oportunidade de competición e promoción do baloncesto na provincia”.

