CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Aberto o prazo e inscrición para o primeiro Encontro Diocesano de Adolescentes e Xoves deste curso

Será o 8 de novembro en San Justo de la Vega (León) e están convocados mozos de Valdeorras, Terras de Trives e Viana

Dende a Delegación Episcopal de Pastoral Xuvenil e Universitaria da Diócese de Astorga, á que pertencen as comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Viana, convocan ao primeiro Encontro Diocesano de Adolescentes e Mozos deste curso.

Nesta ocasión, a cita en San Justo de la Vega (Léon) o sábado 8 de novembro, baixo o lema “A amizade pode cambiar o mundo”. “Trátase dunha das frases que o Papa León XIV pronunciou na Vixilia do Xubileu dos Mozos en Roma. Nun mundo posto a mal, polarizado, crispado e dividido, nós queremos ser amigos, coidando, por suposto, a amizade que nos une a todos: a amizade con Xesús”, explica o delegado Luis Fernández Olivares.

 

 

O obxectivo deste encontro é “compartir un día de carácter diocesano, cun contido fundamentalmente de convivencia, experimentando que, noutros lugares da Diocese, hai máis novas coas mesmas inquietudes, dificultades, alegrías, intereses, fe… Ao mesmo tempo, queremos mostrar o noso desexo de ser novos construtores de pontes, comuñón, paz e amizade”, indica Fernández Olivares, adiantando que a xornada consistirá nunha serie de actividades lúdico-culturais polo pobo e algún tempo para a reflexión, que desenvolveremos ao longo da mañá. “Xa pola tarde, despois doutras actividades, como clausura, celebraremos a Misa dominical para mostrar que a alegría de atoparnos inclúe o celebrar xuntos o Domingo, día central do cristián”, avanza.

Coma sempre a participación no encontro é gratuíta. “Só haberá abonar o correspondente ao transporte e cada un deberá levar a súa propia comida. Tamén aconsellamos traer roupa cómoda e, en caso de previsión de choiva, chubasquero”, di o delegando, asegurando que poden participar adolescentes e mozos a partir de 1º ESO (inclusive) en diante. “Lembramos tamén que, todos os menores de idade, deben entregar ao seu responsable e traer cuberta obrigatoriamente a autorización da ficha de inscrición”.

Máis información e inscricións nas parroquias e colexios.

PROGRAMA

  • 10:30 horas. Chegada a San Justo de la Vega (Edificio de Usos Múltiples, C/Carrera).
    Acollida e saúdos.
  • 11:15 horas. Ximkana.
  • 12:30 horas. Proclaim.
  • 13:15 horas. Peregrinación ao Crucero de Santo Toribio.
  • 14 horas. Xantar e xogos.
  • 17:30 horas. Santa Misa na Parroquia presidida polo Administrador Diocesano.
  • 18:15 horas. Despedida e fin do encontro.

Back to top button