ConcellosPetínÚltima hora

Abre as portas a casa do maior “Cabelos de Prata”, en Petín

 

Totalmente equipada e co fermoso nome de ‘Cabelos de Prata’, co ano novo abre as portas a casa do maior de Petín.

O local, cedido polo Concello, está situado no Toural, a carón do Centro Médico e conta con baño completo, cociña e sala de estar con mesa, cadeiras, sofá e televisión, entre outros servizos.

 

 

As casas do maior son recursos de proximidade subvencionados pola Xunta que garanten aos maiores do rural ter acceso a unha atención individualizada sen saír da súa contorna e 100 % gratuíta. Esta atención comprende a manutención, a hixiene e o desenvolvemento de actividades de lecer e cognitivas.

Ademais, esta atención préstase nun máximo de oito horas diarias de luns a venres en horario flexible e durante todo o ano, agás os días festivos e o mes de vacacións no que o equipamento permanecerá pechado por vacacións, tal como explican dende a Xunta.

 

Fotos cedidas.

Back to top button