Dez meses despois de pechar o Bravo Lux abre un novo local de hostalaría no mesmo espazo pero con nova xerencia, novo nome e novo concepto.


Na noitiña do xoves 31 de xullo abría as portas o café bar ‘Dar k Hablar’, na rúa Doutor Vila. Á fronte están Eva e Roberto, que conta con experiencia no sector e el mesmo explica que a idea é traballar o día. “O almozo a primeira hora, o vermú e sobre todo o cañeo con concertos na rúa, ata a copa de primeira hora”, di, en horario de 8 a 2:30 horas aproximadamente todos os días. Na inauguración xa actuaban Noa & Mauro.


Despois de seis meses de obras, o esperado local abría cunha reforma integral, nun espazo aberto, amplo e luminoso, con acolledores recunchos para conversar.
Fotos: Mónica G. Bellver e cedidos.
Vídeo: Mónica G. Bellver.