Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ábrense as inscricións para a I Andaina nocturna da Santa Compaña, prevista para o 21 de xuño

O punto de saída deste percorrido será o castelo de Arnado (Vilamartín de Valdeorras)

 

A organización da I Andaina nocturna da Santa Compaña vén de abrir as inscricións desta proba, que se celebrará o sábado 21 de xuño. Terá como punto de saída o castelo de Arnado (Vilamartín de Valdeorras) ás 21:30h.

Esta actividade está organizada polo Concello Vilamartín, o Concello do Barco e Rutas Xanzá. As persoas interesadas pode realizar a súa inscrición en Foot On Mars no Barco, en Finar en Vilamartín e de forma online en sportmaniac.

A organización agradecerá que os participantes se disfracen coa temática da Santa Compaña. Ao completarse a proba, ademais dunha pancetada, haberá moitas sorpresas para os andaríns.

 

 

 

Back to top button