ConcellosO BarcoÚltima hora

Ábrese a inscrición para participar como acompañantes nas carrozas da cabalgata de Reis do Barco

Foto: A.R.

Os interesados en participar como acompañantes dos Reis Magos na cabalgata que se celebra o 5 de xaneiro no Barco –tanto cativos como adultos, ben nas carrozas, ben como paxes, carteiros ou gardas reais- poderán facelo de dúas maneiras: unha delas, a través dun formulario de internet ao que se pode acceder no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/1hKw6USQT4Qq83b2S6a6DcehfQr MfIRdnf_Vss9VaRkI/edit, desde o xoves, día 18, ás 10 da mañá.

E a segunda modalidade é para as persoas que non dispoñan de internet, e que poden facer a inscrición presencialmente, no segundo andar do Edificio Multiusos, desde o mesmo día (xoves 18), de 10,00 a 13,00 horas. Nese lugar haberá unha persoa que lles fará a inscrición no formulario de internet. As inscricións quedarán pechadas cando se completen as prazas.

En ambos casos, os interesados deberán especificar e qué posto e/ou carroza queren participar. As prazas dispoñibles adxudicaranse por rigoroso orde de entrada, quedando pechado o formulario si se enchen as prazas.

AS PRAZAS DISPOÑIBLES SON AS SEGUINTES:

– CATIVOS: 30 prazas para nenos/as de 4 a 11 anos (10 para cada carroza) vestidos de negro. Terán que estar o día 5 de xaneiro na Estación de Autobuses ás 18:10h. Deberán ter cumpridos os 4 anos antes do 5 de xaneiro de 2026

– PAXES E CARTEIROS: 18 prazas para nenos de 12 a 17 anos (6 por cada carroza). Terán que traer medias brancas e zapatos escuros, preferiblemente negros ou azul escuro. Terán que estar o día 5 de xaneiro na Casa da Cultura ás 17:00h.

– GARDA REAL: 18 prazas para persoas de 18 anos en adiante (6 por carroza). Terán que traer zapatos escuros, preferiblemente negros ou azul escuro. Terán que estar o día 5 de xaneiro na Casa da Cultura ás 17:00h.

Back to top button