A VeigaConcellosÚltima hora

Ábrese o cámping de autocaravanas “Encoro de Prada” (A Veiga)

 

O Concello da Veiga vén de anunciar a apertura do cámping para autocaravanas Encoro de Prada, ubicado na “Praia do Coiñedo”. “Este innovador espacio foi diseñado para proporcionar unha experiencia única e cómoda a todos os amantes do caravaning, ofrecendo servizos e comodidades nun entorno privilexiado”, explican dende o Concello.

O camping abrirá as súas portas na vindeira fin de semana. Este espazo ten capacidade para 13 autocaravanas e conta con servizos: electricidade, auga potable, desagüe para augas grises e negras, conexión Wi-Fi gratuita, duchas e baños, área de picnic nos arredores do recinto, parque infantil, e un sitio espectacular de praia de alta montaña.

“Estamos encantados de abrir as portas do Camping para autocaravanas Encoro de Prada e dar a benvida aos entusiastas das autocaravanas de todo o mundo. O noso obxectivo é ofrecer un lugar seguro e acolledor onde as familias e os viaxeiros poidan relaxarse e desfrutar da natureza sen renunciar ás comodidades modernas. Os esforzos por crear un espazo que satisfaga as necesidades dos nosos visitantes e esperamos que gocen da súa estadía con nós”, asegura o Concello.

Actividades e entorno

Situado nun entorno natural único, moi preto da Praia de O Coiñedo, na Senda Verde do Río Xares, este camping ofrece uha ampla gama de actividades ao aire libre. Os hóspedes poden desfrutar de rutas de sendeirismo, ciclismo, rutas BTT ou bicicletas eléctricas, pesca, e deportes acuáticos nos arredores. Ademais, destaca a proximidade a lugares con encanto como A Cántara da Moura.

Para celebrar a inauguración, o cámping ofrece unha promoción especial: as primeiras reservas recibirán un desconto do 5 %. Esta oferta estará dispoñible todo o mes de xullo.

As estadías poderán reservar as súas estadías a través do correo campingencorodeprada@gmail.com ou a través da Oficina de Turismo no 988350130.

Back to top button