A VeigaConcellosÚltima hora

Ábrese o prazo de axudas para rehabilitar vivendas no Concello da Veiga

Concello da Veiga.

 

Dende o 30 de abril está aberto o prazo para solicitar as subvencións de rehabilitación de vivenda no Concello da Veiga a través do programa nivel barrio. “Esta convocatoria de  axudas permitirá articular unha colaboración cos propietarios das vivendas para desenvolver actuacións tendentes a mellorar o entorno paisaxístico en todos os núcleos de poboación, loita contra o feísmo, creación de emprego no sector da construción e, sobre todo, promover actuacións de mellora da eficiencia enerxética”, segundo o Concello da Veiga.

O Concello da Veiga está delimitado en tres Entornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP): Aldeas de Montaña, Aldeas Ribeireñas e Aldeas Rede Natura. Estas axudas buscan financiar obras ou actuacións nas que se obteña unha mellora acreditada da eficiencia enerxética en vivendas unifamiliares no Concello da Veigam co carácter plurianual durante os anos 2024 e 2025. A actuación de rehabilitación debe acadar unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable como mínimo do 45% para poder optar ás subvencións reguladas nesta convocatoria.

Os propietarios poderán optar a unha axuda dende 14.500 euros ata unha contía máxima de ata 21.400 euros, contía variable en función do aforro enerxético conseguido pola rehabilitación, dacordo co establecido nas bases da convocatoria. O prazo estará aberto durante seis meses e pode solicitarse máis información na sede electrónica do Concello da Veiga e na súa oficina de rehabilitación. Polo de agora presentáronse xa 9 solicitudes para rehabilitar vivendas.

Artigos relacionados

Back to top button