
Desde hoxe está aberto o prazo para a inscrición das persoas interesadas en participar nunha nova
edición dos Obradoiros de Estimulación Cognitiva “Fiando a Memoria”, unha iniciativa da Concellería de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade do Concello do Barco, dirixida a persoas adultas que queiran manterse activas e exercitar as súas función cognitivas.
A inscrición é totalmente gratuíta, xa que se trata dun proxecto financiado polo Concello do Barco, e pode realizarse a través do 988 68 48 85 ou de maneira presencial no Departamento de Servizos Sociais, situado na planta baixa da Casa Consistorial (Concello Vello).
Algunhas das actividades que se levan a cabo son exercicios de memoria para mellorar a codificación, almacenaxe e recuperación da información. Tamén se desenvolven técnicas de expresión artística, exercicios de diferente tipo, e técnicas participativas para recuperar a memoria individual e colectiva, así como exercizos de expresión oral e escrita e dinámicas corporais e de xogo.
Estes obradoiros son tamén un espazo de encontro e desfrute onde se recuperan saberes comunitarios e patrimoniais da contorna. Na derradeira edición deste obradoiro, o curso pasado, participaron 63 persoas, das cales 60 foron mulleres, e a idade media foi de 72 anos.
Estes obradoiros comezan o luns 6 de outubro en Veigamuíños e Éntoma, o 8 no Barco e o 15 en Viloira. O curso rematará a finais de xuño de 2026. Os obradoiros impartiranse unha vez á semana nos seguintes lugares e cos horarios que se indican:
– Veigamuíños: luns de 16:00 a 17:30 – Local Municipal da Asociación de Veciños.
– Éntoma: luns de 18:00 a 19:30 – Antiga escola Municipal.
– O Barco: mércores de 11:00 a 12:30 – Biblioteca 4ª planta.
– Viloira: mércores de 15:30 a 7:00 – Local Municipal da Asociación de Veciños