OurenseÚltima hora

Acauto entrega a Cáritas un cheque de 6.000 euros das vendas no Salón do Automóbil

Os cartos corresponden aos 15 euros por coche vendido polos concesionarios participantes nesta feira en Expourense
Santiago Garza, Ramón Seijas e Javier Soto.

A Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO) fixo entrega na mañá de hoxe, 20 de decembro, un cheque a Cáritas Diocesana por valor de 5.800 euros, correspondentes a 15 euros por cada un dos coches vendidos no último Salón do Automóbil novo e de ocasión que tivo lugar en Expourense o pasado mes te outubro. Os cartos irán destinados a sufragar parte dos gastos do comedor social durante a campaña de Nadal.

No acto de entrega estivo o presidente de Acauto, Ramón Seijas; o tesoureiro, Santiago Garza e oito titulares das de concesionarios de vehículos. En representación de Cáritas asistiu Javier Soto, secretario da organización, que foi que recibiu o cheque.

Ramón Seijas manifestou a satisfacción dos concesionarios agrupados en Acauto por esta acción solidaria “alumeada ao abeiro do Salón do Automóbil”, polo que significa como “respaldo moral e económico para o labor de Cáritas, e que chegará a persoas unha situación de dificultade económica. Pola súa banda, Javier Soto mostrou o seu agradecemento por este xesto que se consolida, dixo, “posto que permite incrementar os recursos para atender á xente que o necesita”.

Artigos relacionados

Back to top button