OurenseÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos en Xunqueira de Espadanedo

 

Pasadas as cinco e media desta tarde de 4 de setembro producíase un accidente de tráfico en Xunqueira de Espadanedo. Un vehículo saíase da vía e volcaba lateralmente, caíndo despois nunha finca próxima á estrada.

“Arredor das 17:30 horas, un particular fixo uso do número único de emerxencias para informar dun coche envorcado nun prado, a carón da OU-0153, no quilómetro 1. Ademais, durante a súa chamada indicou que parecía haber feridos”, segundo informa o 112 Galicia.

De inmediato, dende o 112 Galicia deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a zona. Tamén se informou ao GES de Maceda, á Garda Civil de Tráfico (unha patrulla de motoristas de Ourense) e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Xunqueira.

Nun primeiro momento, mobilizouse tamén o helicóptero medicalizado, se ben finalmente as persoas feridas eran trasladadas en ambulancia ao Hospital Universitario de Ourense.

“Xa desde o punto, os membros do GES de Maceda indicaron que o helicóptero non chegara a trasladar a ninguén: os dous feridos, que tiveron que ser excarcerados para poderen saír do vehículo, foron atendidos polo persoal sanitario a bordo dunha ambulancia”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button