ConcellosQuirogaÚltima hora

Accidente de tráfico na N-120 ao seu paso polo municipio de Quiroga

 

Foto cedida.

 

Na tarde deste mércores 19 de agosto, pasadas as cinco e media, producíase un accidente de tráfico na N-120 ao seu paso polo municipio de Quiroga no que se vían implicados dous vehículos.

Tal como informan dende o 112 Galicia o sinistro producíase no PK 498, en Augasmestas, e malia que nun principio parecía que unha das furgonetas implicadas prendera lume, “tanto o GES de Quiroga como os bombeiros de Monforte informaban de que ningunha das furgonetas (unha máis grande e outra máis pequena) ardera, pero que raíz do impacto prendía lume no monte e ardía un pequeno trozo”, din dende o 112 engadindo que “había persoas feridas leves sen que nos conste o seu traslado”.

Ademais do GES de Quiroga e dos bombeiros de Monforte, dende o 112 tamén pasaban aviso a Urxencias Sanitarias 061 e Garda  Civil de Tráfico.

Back to top button