ConcellosÚltima horaVilamartín

Accidente de tráfico na N-120 ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras

 

 

Na tarde deste venres 1 de agosto producíase un accidente de tráfico no PK 461 da N-120 ao seu paso por Vilamartín de Valdeorras no que se vían implicados dous vehículos.

O choque frontolateral entre os dous coches (ao parecer un saía do cruce e o outro ía pola nacional), producíase pouco antes das 18:30 horas e ata o lugar dos feitos acudían os bombeiros do parque comarcal, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Vilamartín e Urxencias Sanitarias-061 aínda que segundo indican dende o 112 Galicia non houbo feridos.

Fotos cedidas.

Back to top button