
Arredor das 22:30h. do sábado 12 de setembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120, pasando o desvío de Arcos (Vilamartín) en dirección ao Barco. Un vehículo no que viaxaban tres persoas que se dirixían ao Barco cruzábase cun grupo de xabaríns. Un dos animais golpeaba un pouco o coche, e ao intentar esquivalos ao condutor íaselle o coche e acababa saíndose da vía. A pesar diso, ningún dos ocupantes do vehículo resultaba ferido.
Ata o lugar desprazábanse a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, así como o GES Valdeorras e Urxencias Sanitarias 061. Tamén acudía Conservación de Estradas.
