ConcellosLaroucoÚltima hora

Accidente de tráfico na OU-536 ao seu paso polo concello Larouco

 

Contra as 20:30h. deste sábado 14 de marzo tiña lugar un accidente de tráfico na estrada OU-536 ao seu paso polo municipio de Larouco e en dirección á Rúa.

Un vehículo saíase da vía e, segundo as primeiras informacións, a persoa condutora e única ocupante non resultaba ferida. Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato os voluntarios da Agrupación de Protección Civil de Larouco, tamén a Garda Civil de Tráfico e Limpeza e Conservación de Estradas.

Back to top button