A RúaConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico na Rúa

 

Na tarde deste xoves 27 de novembro producíase un accidente de tráfico no hangar da Estación de Autobuses da Rúa, no que se vía implicado un único vehículo.

Tal como explican dende os servizos de emerxencia, o suceso producíase contra as oito e media cun coche novo e automático no que viaxaban dúas persoas. “Unha delas era golpeada polo propio vehículo ao intentar aparcalo, sendo trasladada ata o Hospital Público Valdeorras para ser atendida”.

Ata o lugar acudían os servizos sanitarios, os bombeiros do parque comarcal e Protección Civil da Rúa.

Back to top button