ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico na rúa Eulogio Fernández do Barco

 

Pasadas as 17h. da tarde deste 12 de xuño producíase un accidente de tráfico na céntrica rúa Eulogio Fernández do Barco, moi preto do Hospital Público de Valdeorras. Tiña lugar unha colisión entre dous vehículos á altura do número 56 da citada rúa. Como resultado do sinistro resultaba ferida unha persoa.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato o 061-Urxencias Sanitarias, a Policía Local e o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras.

Back to top button