ConcellosO BarcoÚltima hora

Accidente de tráfico no Barco de Valdeorras

 

Na tarde deste luns 20 de outubro producíase un accidente de tráfico no Barco de Valdeorras no que se vían implicados un coche e un peón.

Arredor das seis da tarde saltaba o aviso no 112 Galicia dunha persoa que fora alcanzada por un vehículo na intersección entre as rúas Perez Lista e Paseo do Malecón, preto da praza Maior.

Ata o lugar acudía a Policía Local do Barco, o GES Valdeorras e unha ambulancia do 061 que trasladaba á muller ata o hospital para a súa observación.

 

Back to top button