A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Accidente de tráfico, sen feridos, na Rúa

 

Na tarde deste domingo 8 de novembro tiña lugar un accidente de tráfico na Rúa no que se vía implicados dous vehículos. Tal como explican dende os servizos de emerxencia, arredor das 19:15 horas producíase a colisión entre dous coches no punto quilométrico 59 da OU-933, a estrada que une a localidade da Rúa coa de Roblido, sen que que houbera feridos.

 

 

Ata o lugar acudían a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil da Rúa.

 

Fotos e vídeo cedidos.

Back to top button