ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico, simultáneo cun incendio urbano en Valdeorras

 

Na xornada do 6 de agosto producíanse dous sucesos simultáneos na comarca de Valdeorras. Por unha banda, tiña lugar un accidente de tráfico con 3 vehículos implicados, no que foi necesario o traslado dos feridos en ambulancia, segundo informa o GES Valdeorras, cuxa única bombeira de garda se desprazaba ata o lugar do accidente, na estrada N-120, ao seu paso polo término municipal de Rubiá, xunto cos bombeiros do Parque Comarcal de Valdeorras, tras ser avisado dende o CIAE 112 Galicia.

Tamén acudían ao lugar a Garda Civil de Tráfico e Urxencias 112 Galicia. “Durante a intervención produciuse simultaneamente un incendio urbano no Barco de Valdeorras no que se viu afectado herba seca e diferentes enseres que se almacenaban no exterior dunha nave, polo que os efectivos coordináronse para atender ambas as emerxencias”, segundo o GES Valdeorras. Este incendio tiña lugar na avenida Santiago Melo Pisón do Barco.

Fotos: GES Valdeorras.

 

 

 

Back to top button