ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Activado o nivel laranxa por risco de desbordamento no río Sil ao seu paso polo Barco

 

A veciñanza do Barco volve mirar ao Sil. Dende este madrugada o río volvía subir e rexistraba un importante incremento no seu caudal que ás 19h. situábase en 3,59 m e en 9,08 m nos dous puntos dos que ofrece datos á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS). Ademais o río baixa cun caudal de 849,13 m3/s, segundo os datos do organismo de conca.

Nestes momentos está activado o nivel laranxa por risco de desbordamento.

Fotos: A.R.

Vídeo: O SIL.

 

 

Fonte dos gráficos: CHMS.

Back to top button