CulturaCulturaÚltima hora

Actividades para dinamizar e desenvolver o potencial dos nenos no rural en Parada de Sil

 

Unha vez máis o Concello de Parada de Sil suma ás actividades do verán Cultural un programa de accións de apoio ás familias con diversas propostas interxeracionais coa cativada e que buscan dinamizar e potenciar aos nenos do rural. O alcalde de Parada de Sil, Aquilino domínguez pretende faiclitar con estas actividades a conciliación da vida familiar e laboral.

Ademais os nenos menores de seis anos estarán con outras actividades no centro de Lecer de nenos, da man de Leticia Rodríguez a encargada do centro.

Por outra banda, tamén terán propostas do programa Ler Conta Moito, empezando o día 10 coa actividade “Animaladas”, coa que os nenos adéntranse na natureza salvaxe e coñecen diversas historias a través de contos como A Cebra Camila e outros, cuxos personaxes cobran vida a través da narración e a manipulación de títeres

Estas iniciativas organízanse en colaboración coa ONG Arca de Noé integración social e Futuro.

 

Back to top button