
Dende a Consellería do Medio Rural vén de informarse de que está activo un lume no concello da Mezquita, parroquia de Manzalvos, que entrou desde Portugal ás 07.18 horas de hoxe.
Segundo as últimas estimacións provisionais a superficie afectada en Galicia é de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 8 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 7 avións e 7 helicópteros.
