
O fume dos incendios forestais volve a Valdeorras. A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán do Bolo, parroquia de Vilaseco. Neste lume vén de decretarse a Situación 2 como medida preventiva, unha situación operativa de emerxencia que se declara pola súa proximidade ao núcleo de poboación de Santa Cruz.
O incendio iniciouse ás 23.47 horas de onte xoves e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 4 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 pa.
Este municipio xa vía afectado polo lume a mediados de agosto, xa que ata alí estendíase o incendio iniciado en Seadur (Larouco).