A MezquitaConcellosÚltima hora

Activo un incendio forestal na parroquia de Santigoso (A Mezquita)

Imaxe de arquivo dun incendio forestal no municipio da Mezquita.

 

Arestora está activo un incendio forestal no concello ourensán da Mezquita, parroquia de Santigoso, que segundo as últimas estimacións rolda as 70 hectáreas de superficie afectada, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

O lume iniciouse ás 22,20 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 3 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas e 2 pás.

Artigos relacionados

Back to top button