CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do IES Lauro Olmo do Barco

 

Menos dun mes despois de celebrar o 50 aniversario e pouco antes das Festas de Santa Rita, na tarde deste xoves 14 de maio o IES Lauro Olmo do Barco despedía aos 42 alumnos da 25ª promoción de 2º de Bacharelato que vestidos de gala, nerviosos e tamén contentos, asistían a unha bonita festa de graduación.

 

 

Foi coma sempre un acto multitudinario celebrado no Salón de Actos do instituto, no que se reuniron os estudantes, profesores e familiares. Houbo discursos, moitas lembranzas, anécdotas e agradecementos e por suposto a entrega de diplomas, fotos e pins a cada un dos estudantes que este ano deixan o centro barquense e que se despedían cunha actuación conxunta sobre o escenario.

 

 

 

Tamén houbo un photocall e merenda no patio do centro como colofón.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Back to top button