
Continúan as reunións por concellos da Plataforma Sanitaria de Valdeorras de cara a preparar á manifestación en defensa da sanidade pública, convocada para o vindeiro 22 de novembro no Barco. Desta volta, os representantes deste colectivo desprazábanse neste 30 de outubro ata Petín, onde ás 20:00h. mantiñan unha xuntanza coa veciñanza no Teleclube desta localidade.
Neste actos estase a informar “da situación actual do distrito sanitario e as accións previstas pola Plataforma”, segundo indican dende este colectivo.
Foto cedida.