A RúaConcellosÚltima hora

Actualización do incendio no municipio da Rúa e recomendacións do Concello para a cidadanía

 

Dende o Concello da Rúa informan que “o lume xirou agora mesmo por San Xulián e está a dar volta” polo que piden “moita precaución en zonas altas de Fontei, en Vilela e en Somoza”.

Neses lugares recomendan:

– Portas e xanelas pechadas.
-Quen teña leña acumulada preto de portas ou xanelas ten de retirala o máis rápido posible.
– Revisar louxados e canalóns, que son o lugar polo que as faíscas baixan con máis facilidade.
– Quen teña palmeiras ou setos de ciprés tulla… que os refresque todo o que poida no caso de que o lume se achegue ao núcleo, porque son outra fonte de expansión do lume.

Tamén explican que “o lume inhabilitou a planta empacadora de lixo, polo que nos próximos días, a até novo aviso, non haberá servizo de recollida de lixo en toda a comarca. Así pois, piden colaboración cidadá para tentar reducir os depoxos o máximo posible até que non estea restablecido o servizo.

 

Back to top button