
Nacía hai 55 anos moi preto da antiga fábrica de Cedie, no Barco, onde traballara o seu pai e, onde, co tempo, el tamén formaría parte do persoal. Tras unha etapa fóra de Valdeorras, Pedro Acuña Álvarez, regresaba ao lugar onde naceu e asentábase na Proba (O Barco).
Era unha persoa moi querida, alegre, cercana e afable, sempre disposto axudar. Amante da natureza, das plantas e dos animais, era inseparable do seu can Kiss. Tamén lle encantaba tomar fotos e vídeos, para retratar a súa zona e comarca. Era fillo de Delfina e Pedro e tiña catro irmáns: Delfina, Mari Carmen e Paloma e José, que falecía hai uns anos, ademais de varios sobriños.

A súa familia, amigos e veciños choran a súa repentina morte, o 29 de novembro. A súa capela ardente está instalada no Tanatorio Santa Rita do Barco e o seu funeral está previsto para o luns 1 de decembro ás 18h. na igrexa de Santa Rita.
Pedro formaba parte do grupo “Gente de Cedie”, que o despedía nas redes sociais de forma moi sentida e emotiva: “Fóisenos o inventor, o ollo tras a cámara que inmortalizaría para todos nós, os recordos “vivos” dun lugar, no que todos fomos moi felices. Que gravaba e compartía a música que soaba da radio, para que os demais gozariamos da musica de vangarda. (…) Aquí sempre serás lembrado amigo. Hoxe a vida é un pouco menos máxica e o ceo un pouco máis rico”.