CulturaCulturaÚltima hora

Adiado para o 1 de novembro o Samaín na Biblioteca Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco

Samaín na Biblioteca do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Con motivo da declaración de loito oficial durante os días 29, 30 e 31 de outubro, o Concello do Barco decidiu adiar a celebración do Samaín ao domingo día 1 de novembro, na Biblioteca Municipal.

As actividades levaranse a cabo no seguinte horario:

  • 11 horas: Obradoiros de pintacaras, tatuaxes e creación de
    amuletos de Samaín.
  • 13 horas: Contacontos: “Unha verdadeira Bruxa”.

Realizarase un sorteo de libros entre os asistentes a estas actividades.

Back to top button