Un día espléndido acompañaba aos participantes na XVII Carreira por Montaña Canón do Sil “a Decana” de Galicia, que se celebraba neste 20 de outubro en Parada de Sil. A proba reunía a unhas 170 persoas e contaba con tres distancias diferentes: unha de 33 km (con 40 corredores, 9 deles mulleres), unha de 17 km (con 95 participantes, 30 deles mulleres) e outra de 7 km (con 25 participantes, 10 deles mulleres).
Na distancia máis longa, o primeiro corredor da clasificación xeral Adrián Rodríguez (Running Sport), cun tempo de 03:27:31, mentres que en segunda posición entraba José Manuel Gil (AC Castrelos Trail) e na terceira Xenxo Laso (Korporearente). En categoría feminina, a primeira en completar os 33 km era María del Rosario Figueroa (Sanbarolomeu), seguida de Sandra Fernández (Terras de Buró) e de Ana Belén Nogueira (CD La Purísima).

A proba desenvolvíase “sen ningún incidente, e coa satisfacción dos participantes”, segundo a organización, e tamén do alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen expresaba o seu agradecemento ao “Clube de Montaña Ribeira Sacra e aos preto de 15 voluntarios de Protección Civil que o fixeron posible, así como a contribución de veciños e veciñas para os postos de avituallamento”.
E nos 17 km impoñíase Estivel Martínez (Objetivo Trail), mentres que José Manuel Pérez entraba en segunda posición e Ángel Soto (CD La Purísima) na terceira. En categoría feminina a primeira posición era para Lucía Peón (Atletismo Arenteiro), Kenia Estrada (CD Biosbardo) quedaba segunda e Carlota Serrano (A Cabra tira ao monte) terceira.
Fotos cedidas.
