ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Adxudícanse as obras de humanización da praza Pedro Fernández en San Xoán de Río

Este contrato, adxudicado por un orzamento de 146.500 €, revitalizará este espazo para acadar un lugar de encontro para a veciñanza, ao atoparse na contorna o centro de saúde, a Casa do Concello, establecementos de hostalaría ou unha área deportiva

Concello de San Xoán de Río./ Foto: A.R.

 

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por 146.50 euros a execución das obras de humanización da Praza Pedro Fernández, no concello de San Xoán de Río. Este contrato, adxudicado á empresa. Explotacións Medioambientais, S.L.U., conta cun prazo de execución de 5 meses dende a sinatura da acta de comprobación da implantación.

Os traballos teñen como obxectivos a revitalización desta praza e homoxeneizar o núcleo de San Xoán de Río a través da conexión física e visual dos puntos estratéxicos do municipio, permitindo unha maior cohesión e dotando á veciñanza dun espazo de calidade.

A praza forma parte do centro neurálxico do municipio ourensán, xa que na súa contorna atópanse establecementos de hostalaría, unha área deportiva, o centro de saúde e a Casa do Concello.

Este contrato enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, que asumirá o 70% do orzamento; e o Concello de San Xoán de Río, que achegará o 30% restante.

Estas actuacións desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta, que dá apoio aos municipios para a execución de obras de mellora de contornas urbanas, de accesibilidade e de equipamentos públicos, contribuíndo á cohesión territorial e a reforzar a calidade de vida da veciñanza.

Back to top button