OurenseÚltima hora

AENOR ratifica os Sistemas de Calidade e a Xestión Ambiental de Expourense

 

AENOR, entidade líder en xeración de confianza, vén de ratificar por vixésimo cuarto ano consecutivo, os Sistemas de Calidade (ISO 9001) e de Medio Ambiente (ISO 14001) da Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense. O director AENOR en Galicia, José Enrique Rodríguez Coello, fixo entrega dos novos certificados ao director xerente de Expourense, Rogelio Martínez González, e ao responsable do Departamento de Calidade do recinto feiral, Emilio González Pérez.

Expourense converteuse, en febreiro de 2002 no primeiro recinto feiral galego e terceiro de España (por detrás de Bilbao e Valencia) en recibir unha certificación de calidade que ratificou ano a ano ata a actualidade. En 2008, Expourense foi tamén o primeiro recinto feiral de Galicia en implementar un Sistema de Xestión Ambiental, reflectido na ISO 14001. Estes certificados están incluídos desde a súa consecución na súa imaxe corporativa. Ambos os selos están certificados por AENOR.

 

 

A ratificación do seu sistema de Calidade contribúe a que Expourense cumpra os seus obxectivos anuais que pasan por fomentar, entre as empresas en particular e o resto da sociedade en xeral, conceptos como a Internacionalización, a Calidade, a Innovación, o Emprendemento e a Formación.

No que respecta a a Xestión Ambiental, a ratificación da ISO 14001 conleva tarefas como a identificación e a valoración dos aspectos ambientais asociados a riscos da súa actividade. En Expourense mídense: emisións de gas, vertidos á rede de saneamento, residuos xerados, ruído provocado, vertidos de hidrocarburos e contaminación por legionela nas instalacións, entre outros.

Back to top button