EconomíaEconomíaÚltima hora

AEPA Ourense e a Seguridade Social abordan a regularización de cotas e a xubilación de autónomos nunha xornada

 

Hoxe, AEPA Ourense celebraba, en colaboración coa Seguridade Social e co apoio da Confederación Empresarial de Ourense e o Colexio de Economistas, unha xornada informativa dirixida a autónomos e autónomas da provincia, co obxectivo de ofrecer información clara, actualizada e práctica sobre cuestións crave que afectan directamente á súa actividade profesional.

A sesión tivo lugar no Salón de Actos da CEO e contou cunha destacada participación de profesionais interesados en coñecer de primeira man as novidades en materia de cotización e xubilación. O acto contou tamén coa presenza do presidente da CEO, David Martínez Alonso, xunto á vicepresidenta de AEPA, Ana Valado, e ao tesoureiro de AEPA, José Manuel Díaz Barreiro, quen quixo apoiar esta iniciativa orientada a reforzar o acompañamento ao colectivo autónomo e subliñar a importancia de xerar espazos de diálogo directo coa Administración.

 

 

Durante a xornada interviñeron Iria Fernández Lorenzo, directora provincial da Seguridade Social en Ourense, e Juan Carlos Blanco Doallo, subdirector provincial de Xestión Recadatoria. Ambos os responsables ofreceron unha explicación detallada e actualizada sobre os aspectos técnicos que máis preocupan ao colectivo, resolvendo ademais dúbidas expostas polas persoas asistentes.

A sesión centrouse especialmente na regularización de cotas correspondente ao proceso de 2024, abordando as súas principais novidades, os criterios aplicables e as implicacións para as persoas traballadoras autónomas. Así mesmo, analizouse a pensión de xubilación desde unha perspectiva práctica, profundando no seu obxecto, requisitos, contía, modalidades e nos procedementos de xestión e solicitude.

Este tipo de xornadas reforzan o compromiso de AEPA Ourense coa actualización normativa, a formación continua e a defensa dos intereses do colectivo autónomo, facilitando información rigorosa que permita ás persoas profesionais planificar con maior seguridade tanto a súa actividade presente como o seu futuro.

Back to top button