EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA organiza un curso de escaparatismo navideño para preparar a campaña comercial

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) desenvolverá o próximo 23 de novembro unha formación especializada en escaparatismo do Nadal, destinada a comerciantes, profesionais do sector servizos e emprendedores interesados en mellorar a imaxe e o atractivo visual dos seus negocios para a campaña de Nadal.

O curso terá lugar na Academia Épsilon no Barco, de 09:00 a 14:00 horas, e será impartido pola especialista Cany Juncal, técnica con ampla experiencia en visual merchandising e escaparatismo para pemes e comercios locais.

A acción enmárcase no programa AEVAempregate VII, financiado pola Deputación de Ourense, cuxo obxectivo é fortalecer a empregabilidade e dinamizar a actividade económica en Valdeorras mediante formación práctica e aplicada.

Durante a sesión, os asistentes aprenderán diferentes técnicas e composicións para deseñar escaparates do Nadal, abordando aspectos como a elección de cores, a iluminación, o equilibrio visual, a selección de elementos decorativos e a creación de ambientes que atraian a atención do cliente e reforcen a identidade do comercio.

As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa a través dun formulario en liña na páxina web de AEVA  👉 https://forms.gle/Ceer1jABGeEF47ur7

 

 

Back to top button