
Os asociados da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) están convocados na tardiña do venres 13 de xuño a unha asemblea da que sairá a nova xunta directiva desta entidade, que ata o de agora preside Araceli Fernández del Palacio, quen xa anunciara a súa vontade de non continuar no cargo.
A asemblea, que terá lugar no Pazo do Castro (O Barco), será clausurada polo subdelegado do Goberno en Ourense, o valdeorrés Eladio Santos.
