
O concerto do guitarrista flamenco Álvaro Martinete no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, en Parada de Sil, resultaba “algo impresionante.”. Así o aseguraba o público que acudía esta actuación o sábado 26 de setembro. Rexistrábase un cheo absoluto nunha cita que pechaba a quinta edición do ciclo “Santa Cristina in musica”. Tratábase dun recital do máis alto nivel, situando ao mosteiro na elite das salas de concertos, tendo en conta ademais que a acústica neste lugar é única..
Álvaro Martinete, por vez primeira en Galicia, interpretaba temas do seu novo CD “Sonidos de mi guitarra” ante un público entregado que gozou coa paixón e espectacularidade do flamenco máis puro.

Con este “broche de ouro” péchase a edición 2026 dun evento que mereceu o selo europeo EFFE Label 2026 – 2027 e que comeza a ser un referente cultural da Ribeira Sacra ourensá.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradeceu aos patrocinadores o seu apoio, aos asistentes a súa presenza, “a Shelly Art polo compromiso coa calidade interpretando perfectamente o que representa o Mosteiro de Santa Cristina” e anunciaba que xa se está a traballar na seguinte edición.
Fotos cedidas.

